fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

TIVO LUGAR EN MÁLAGA UNHA XORNADA SOBRE REDUCIÓN DE COTIZACIÓNS POR DIMINUCIÓN DA SINISTRALIDADE LABORAL

06/05/2011, Fraternidad-Muprespa, Departamento de Comunicación e Servizo a asociados

O pasado mércores, 4 de maio, tivo lugar na Dirección Provincial de Fraternidad Muprespa de Málaga unha xornada informativa sobre o Real decreto 404/2010 do 31 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución de cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que tivesen contribuído especialmente á diminución e prevención da sinistralidade laboral.

A xornada estivo aberta a empresarios, asesores laborais e persoas con responsabilidades no ámbito da xestión e da prevención de riscos laborais en empresas e institucións.

Expúxose o contido básico do Real decreto e tratáronse detidamente os trámites necesarios para realizar as solicitudes da campaña 2010, e abordando aspectos concretos a partir dos casos que expoñían os asistentes.

A xornada foi presentada por D. José Manuel Crespo Figuerola, director provincial de Fraternidad Muprespa en Málaga, e como relator actuou D. José Luis Haro Alcázar, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais da Mutua.

XORNADA DE DIVULGACIÓN CAMPAÑA BONUS 2010 EN MÁLAGA


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2017