fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

TIVO LUGAR EN MURCIA UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA EMPRESAS E COLABORADORES DE FRATERNIDAD MUPRESPA

10/05/2011, Fraternidad-Muprespa, Departamento de Comunicación e Servizo a asociados

O pasado venres 6 de maio tivo lugar unha xornada tanto para asesores coma para representantes de empresas asociadas a Fraternidad Muprespa.

A xornada foi presentada por D. Alejandro López Briones, director provincial de Murcia, cunha introdución, facendo unha breve referencia á campaña do bonus 2010, así como á importancia da extranet como instrumento de xestión para as empresas e colaboradores, non só para o bonus senón tamén para todos aqueles aspectos relacionado cos servizos da mutua.

A continuación, interveu D. Jesús Manuel López Pérez, técnico superior de Prevención de Riscos Laborais, quen abordou a charla técnica, falando tanto dos requisitos e procedemento de solicitude do Bonus coma dos servizos e acceso á extranet.

Xornada de divulgación mutua Fraternidad Muprespa Murcia

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016