fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

CELEBROUSE UNHA XORNADA PARA COLABORADORES E EMPRESAS EN GIRONA

16/05/2011, Fraternidad-Muprespa, Departamento de Comunicación e Servizo a asociados

O pasado mércores, 11 de maio, Fraternidad Muprespa organizou unha Xornada Informativa para Empresas e Colaboradores da provincia de Girona.

A xornada foi presentada e clausurada por Dª. Mari Àngels Bautista, Directora Provincial en Girona, quen agradeceu a presenza de todos os asistentes e resaltou o compromiso de proximidade que ten Fraternidad-Muprespa coas súas empresas e colaboradores. Tamén informou da importancia que ten para a mutua a recente posta en marcha do seu Plan Estratéxico.

Como relatores contamos coa presenza de D. Julio Santos, Director do Departamento de Relacións coa Rede, quen informou sobre as prestacións por risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural, cesamento de actividade dos traballadores autónomos e, por último, a prestación por coidado de menores afectados por cancro ou enfermidade grave.

Seguidamente, Dª. Dolors Guix, Directora Provincial de Sociedade de Prevención de Fraternidad-[Muprespa, explicou os novos requisitos dos servizos de prevención alleos (RD337/2010) e as opcións para a prevención de autónoma e subcontratar.

Finalmente, de novo interveu D. Julio Santos, quen expuxo as características e vantaxes que lles ofrece o Extranet de Fraternidad Muprespa aos nosos Colaboradores e Empresas.

A xornada contou coa presenza de D. Carlos Luis Sáez, Director Territorial de Fraternidad Muprespa.

Xornada de divulgación mutua Fraternidad Muprespa en Girona

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016