fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

REFORMA DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA

16/06/2011, Ministerio de la Presidencia, Dpto. de Comunicación y servicios a asociados

 

O sábado 11 de xuño publicouse no BOE a reforma da negociación colectiva, mediante un Real decreto-lei aprobado no Consello de Ministros do pasado venres e que entrou en vigor o domingo día 12 de xuño. A devandita norma modifica diferentes artigos do Estatuto dos Traballadores e cambia substancialmente o sistema de negociación colectiva vixente ata a data no noso país.

Tamén é de interese a publicación con data 14 de xuño do Real decreto 801/2011, do 10 de xuño, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de regulación de emprego e de actuación administrativa en materia de traslados colectivos. Esta norma, que aproba un novo Regulamento para os ERE e para os traslados colectivos, foi aprobada tamén  no mesmo Consello de Ministros e  entrará en vigor o día 15 de xuño.

Dende Fraternidad Muprespa, a súa mutua, convencidos da importancia destas normas e a utilidade de que empresas e colaboradores as coñezan, decidimos  informalos sobre elas. Para iso, poñemos á súa disposición os reais decretos-lei (de xeito íntegro), ademais dunha versión resumida na que se reflicten os aspectos máis destacables.

 BOE (2011/06/11) - Reforma Negociación Colectiva
 BOE (2011/06/14) - Regulamento de ERE e traslados colectivos
 Resumo Real decreto 801/2011

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016