fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBRA A SÚA XUNTA XERAL ORDINARIA

28/07/2011, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de comunicación y Servicio a Asociados

Onte, día  27 de xullo, celebrouse en Madrid a Xunta Xeral Ordinaria de Fraternidad-Muprespa na que se aprobaron as Contas e Memoria anuais correspondentes ao exercicio 2010 acompañadas do informe de auditoría da Intervención Xeral da Seguridade Social.

Durante a celebración da Xunta Xeral, que tivo lugar no Hospital Central de Fraternidad-Muprespa en Madrid, o presidente da nosa entidade, Carlos Espinosa de los Monteros que estivo acompañado polo director xeral Carlos Aranda, sinalou que a pesar da  difícil conxuntura económica actual, Fraternidad-Muprespa encóntrase nunha situación financeira moi sólida, xa que no exercicio 2010 incrementou máis dun 33% os seus resultados respecto aos do ano anterior.

A pesar de que as Mutuas de Accidentes de Traballo tiveron que afrontar unha nova redución dos seus ingresos motivada pola diminución da afiliación á Seguridade Social, a minoración das Tarifas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, e que ademais se viron afectadas polas limitacións presupostarias ás que foron sometidas pola súa vinculación ao Sector Público, os resultados de Fraternidad-Muprespa no exercicio 2010 foron satisfactorios, pois os fondos propios da Entidade, a 31 de decembro de 2010 (Patrimonio da Seguridade Social), ascendían a 437,87 millóns de euros, e as provisións para continxencias en tramitación a 71,8  millóns, cifras ambas as dúas que dan idea do grao de solvencia da nosa Entidade.

Os ingresos totais da Mutua, no exercicio 2010, correspondentes á xestión do Patrimonio da Seguridade Social, ascenderon 978,73 millóns de euros.

  

XUNTA XERAL ORDINARIA 2011

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016