fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

ALTAS E BAIXAS DE AUTÓNOMOS A TRAVÉS DO SISTEMA RED

02/09/2011, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relacións coa RED

Co fin de axilizar a xestión que se ofrece aos usuarios do Sistema RED da TXSS, no ámbito de Afiliación, incluíuse un novo servizo que permitirá realizar os trámites de altas e baixas no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA) a través do Sistema RED.

Os autorizados ao Sistema RED poderán anotar, a través da modalidade en liña, tanto os movementos de alta como de baixa no RETA.

Para a tramitación de altas ou baixas por este sistema deberanse ter en conta os seguintes aspectos:

  • O responsable dos datos transmitidos será o autorizado RED, quen deberá dispoñer da documentación que xustifica a solicitude formulada.
  • Será imprescindible que o autorizado ao Sistema RED que vaia realizar os trámites, teña asignado á súa autorización o NAF do Traballador Autónomo, para o que deberá presentar os modelos FR.103 e FR.104, segundo corresponda. 

MODELO FR.103 - Autorización representación sta. RED

MODELO FR.104 - SOLICITUDE ASIGNACIÓN-RESCISIÓN NAF

NOTICIAS RED - Boletín 2011 08
 
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016