fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD-MUPRESPA, PRIMEIRA MUTUA ESPAÑOLA EN EURO STOXX 50

14/09/2011, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Comunicación y Servicio a Asociados

O próximo 19 de setembro, Inditex, o xigante español, incorporarase ao índice Euro Stoxx, referencia da eurobolsa dende 1998, levando consigo a Fraternidad-Muprespa, Mutua na que confía dende 1987.

 

O grupo propietario de Zara, con presenza a nivel mundial con cadeas comerciais de moda como Pull & Bear, Massimo Dutti, Bershka e Stradivarius, entre outras, entrará a formar parte deste índice bolsista europeo substituíndo a Credit Agricole. 

No devandito índice, encóntranse xa 5 empresas españolas, das cales 3 contan con Fraternidad-Muprespa como apoio para os seus traballadores: BBVA, Telefónica e Repsol YPF. Polo tanto, Fraternidad-Muprespa, mutua líder española, pasará a encargarse en 4 das 6 empresas españolas de referencia para Europa, do tratamento integral dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais, tanto no seu aspecto económico coma na prestación de asistencia sanitaria e recuperadora.

Fraternidad-Muprespa, con 82 anos de historia ás súas costas, conta con máis de 300.000 empresas asociadas para dar servizo aos seus máis de 1.200.000 traballadores, co firme compromiso e vontade de ofrecer o mellor servizo, a través dun trato personalizado e profesional.

Mutua Fraternidad-Muprespa - Inditex

 
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016