fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

CELEBROUSE EN SALAMANCA UNHA XORNADA SOBRE A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NA SEGURIDADE SOCIAL

29/09/2011, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Comunicación y servicios a asociados

Onte Fraternidad-Muprespa celebrou en Salamanca unha xornada que foi presentada polo secretario provincial da Seguridade Social, Juan Carlos Vadillo xunto a Julio Santos Palacios, director do Departamento de Relacións coa Rede.

A primeira parte dos relatorios foi levada a cabo por parte da Tesouraría da Seguridade Social e do Instituto Nacional da Seguridade Social onde se falou sobre as notificacións telemáticas, facendo fincapé no Taboleiro Edictal, como novo sistema de notificacións e as vantaxes que ofrece. Outros puntos que se desenvolveron foron as altas e baixas de autónomos, o taboleiro dixital e a tramitación electrónica.

Tras un breve descanso, interveu Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información falando sobre as vantaxes da Extranet de Fraternidad-Muprespa.

Finalmente Joaquín Merchán Bermejo, presidente do Colexio de Graduados Sociais de Salamanca, realizou un recompilatorio do traballo realizado polos Graduados Sociais, ademais de falar sobre a importancia da informática no seu traballo e comentar a situación de crise que estamos vivindo.

Por último a Xornada foi clausurada polo D. Luis Bernardo González director provincial do INSS / TGSS de Salamanca e Fernando Casado, director provincial da Mutua en Salamanca.

  

Xornada informativa en Salamanca

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016