fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

PRÓXIMA REALIZACIÓN DUNHA XORNADA SOBRE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN SANTANDER, SEDE ACTUAL DA EXPOSICIÓN TRABALLO E SAÚDE. DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN

16/11/2011, Fraternidad-Muprespa, Dpto. Prevención AT y EP
 

O próximo día 18 de novembro ás 09:30 h vaise realizar unha xornada sobre prevención de riscos laborais arredor da exposición "Traballo e Saúde. Dende a protección á prevención", organizada polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, a Fundación Largo Caballero e a Mutua Fraternidad-Muprespa.

O lugar do enclave é o Salón de Actos da Biblioteca Central de Cantabria, rúa Ruiz de Alda, 19 - 39009 de Santander.
 
A inauguración da xornada correrá a Cargo de D.ª Cristina Mazas,  Conselleira de Economía, Facenda e Emprego do Goberno de Cantabria, D. Jesús Pérez Martínez, presidente da Fundación Francisco Largo Caballero, D.ª Natalia Fernández Laviada, subdirectora xeral de Organización e Rede de Fraternidad-Muprespa, e D.ª Marisa Rufino, secretaria confederal de Saúde Laboral de UGT.

A conferencia "A realidade da actuación preventiva na empresa española" realizaraa o Comisario da Exposición, D. Emili Castejón Vilella.

Posteriormente haberá unha mesa redonda co tema "O delegado de prevención de riscos laborais: facultades, dereitos e deberes"  moderada polo director do Instituto Cántabro de Seguridade e Saúde no Traballo de Cantabria, D. Amalio Sánchez Grande, coa participación de D. Miguel Ángel Gálvez, xefe provincial da Inspección de Traballo e Seguridade Social, D.ª Conchita González Puerta, do Departamento de Relacións Laborais. Servizo de Asesoramento en Prevención de Riscos Laborais. CEOE - CEPYME Cantabria, D. Gabriel Pérez Serrano, director territorial da Sociedade de Prevención Fraternidad-Muprespa e D. José Luis Hernando de las Heras, secretario de Acción Sindical UGT-Cantabria.

A clausura será realizada por D.ª Rosa María del Castrillo, directora xeral de Traballo de Cantabria, D.ª María Jesús Cedrún, secretaria xeral de UGT-Cantabria e D. Cándido Méndez, secretario xeral de UGT.


 PROGRAMA - XORNADA SOBRE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
 
  EXPOSICIÓN - TRABALLO E SAÚDE. DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016