fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

DESCARGUE OS NOVOS FONDOS DE ESCRITORIO E SALVAPANTALLAS GRATUÍTOS DO ANO INTERNACIONAL DA ENERXÍA SOSTIBLE PARA TODOS

27/03/2012, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relacións con Asociados e Comunicación

Un ano máis énos grato informalo que dende o noso Portal corporativo que serve como punto de encontro diario de miles de profesionais e empresas, respectamos e protexemos o medio, aspecto ao que sempre prestamos especial importancia.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o ano 2012 como "Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos" e parécenos de vital importancia tomar conciencia sobre a realidade do noso planeta. E para iso, durante o próximo período, faremos uso das xa habituais imaxes que acompañan ao Portal corporativo, así como do resto de produtos electrónicos dispoñibles a través deste (salvapantallas e fondos de escritorio), para mostrar diferentes tipos de enerxía sostible.

Dende Fraternidad Muprespa esperamos que estas imaxes sirvan para que toda aquela persoa que as vexa tome conciencia durante polo menos un segundo sobre a realidade do noso planeta e reflexione sobre as pequenas accións do día a día coas que pode axudar a melloralo.

Fraternidade Muprespa apoia o movemento do 2012 Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos

Convidámolo a informarse ao respecto, reflexionar e divulgar esta mensaxe.


CELEBRANDO 2012

FM PARTICIPA...

ENERXÍA SOSTIBLE?

RECUR - S.O.S. (Novos fondos de escritorio e salvapantallas)

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016