fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBROU EN SORIA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE OS ASPECTOS CRÍTICOS DA REFORMA DO MERCADO LABORAL

07/05/2012, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación

O pasado 3 de Maio, a Mutua Fraternidad-Muprespa, celebrou, xunto ao Colexio Oficial de Graduados Sociais de Soria, unha xornada informativa sobre "Os Aspectos críticos do Real decreto lei 3/2012 de Medidas Urxentes para a Reforma do Mercado Laboral". Dª. Carmen Rubio Valero, directora provincial de Soria de Fraternidad-Muprespa, realizou a apertura e presentación da xornada.

A xornada proseguiu cun relatorio que realizou D. Rafael López Parada, maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Castela-León. Esta resultou de grande interese para os alí presentes.

D. Julio Santos Palacios, director do Departamento de Relacións coa Rede, moderou o debate que se suscitou tras esta, afondando ante as dúbidas que formularon os asistentes.

Clausurou a xornada, D. Joaquín García Bravo, presidente do Colexio de Graduados Sociais de Soria, quen agradeceu a todos os presentes a súa asistencia ao evento

O acto congregou uns 100 profesionais, entre colaboradores, empresas, graduados sociais e institucións, dos máis importantes da provincia.

A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBROU EN SORIA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE OS ASPECTOS CRÍTICOS DA REFORMA DO MERCADO LABORAL
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016