fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBROU EN ALBACETE UNHA XORNADA SOBRE A RESPONSABILIDADE EMPRESARIAL POR ACCIDENTE DE TRABALLO NA NOVA LEI DE XURISDICIÓN SOCIAL E CTRL. DO ABSENTISMO LABORAL

11/05/2012, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación

A Mutua Fraternidad-Muprespa, coa colaboración da Sociedade de Prevención de Fraternidad-Muprespa, celebrou o pasado 9 de maio no Salón de Actos do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Albacete, unha xornada informativa sobre: "A responsabilidade empresarial por accidente de traballo na nova Lei de xurisdición social e control do absentismo laboral polas M.A.T.E.P.S.S.".

O presidente do Ilustre Colexio de Graduados Sociais de Albacete D. José Luis Sánchez López, fixo a apertura da xornada e realizou unha análise sobre a importancia dos aspectos a tratar na xornada.

A continuación interveu Dª. Mª José López Ortega, xefa da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Albacete, que reflectiu unha visión moi completa das responsabilidades por accidente de traballo na nova Lei.

O tema do absentismo laboral foi exposto por D. Julio Santos Palacios, director de rede de Fraternidad-Muprespa, explicando o papel das actuacións que a Mutua realiza para xestionar o control do absentismo laboral, resaltando a incidencia que ten neste tema os últimos cambios introducidos na Lei de reforma laboral

A clausura da xornada, despois de varias intervencións de rogos e preguntas, correu a cargo do director provincial de Fraternidad-Muprespa en Albacete, D. Alberto Serna Zafrilla.

FRATERNIDAD-MUPRESPA CELEBROU EN ALBACETE UNHA XORNADA SOBRE A RESPONSABILIDADE EMPRESARIAL POR ACCIDENTE DE TRABALLO NA NOVA LEI DE XURISDICIÓN SOCIAL E CTRL. DO ABSENTISMO LABORAL
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016