fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NO ENCONTRO ANUAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE NAVARRA O PASADO 11 DE MAIO

14/05/2012, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación

O Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Navarra, en colaboración con Mutua Fraternidad-Muprespa, organizou o Encontro Anual de Graduados Sociais de Navarra en Pamplona.

O devandito encontro xirou arredor da nova reforma laboral e as súas repercusións.

A apertura da xornada foi a cargo de D. Francisco Javier Plágaro, presidente do Colexio de Graduados Sociais.

Desenvolvéronse tres relatorios realizados por D. Víctor Cubero Romero, presidente da Sala do Social do TSX de Navarra, Dª. Laura Hernando Ballesteros, inspectora de Traballo e Seguridade Social de Navarra e D. José Luis Goñi Seín, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade Pública de Navarra.

D. José Ignacio Díaz, director territorial da zona norte de Fraternidad-Muprespa dirixiu unhas palabras aos asistentes trasladando a implicación total da Mutua na colaboración co Colexio e con cada un dos colexiados, ofrecendo a honestidade, a seriedade e a eficiencia que achega traballar cunha das Mutuas líderes do mercado.

Finalmente clausurou o acto o Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais.

Ao acto asistiron un centenar de colexiados e finalizou cunha cea de irmandade coa imposición de medallas colexiais aos graduados sociais que fan este ano 25 anos como colexiados exercentes.

FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NO ENCONTRO ANUAL DE GRADUADOS SOCIAIS DE NAVARRA O PASADO 11 DE MAIO
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016