fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NO EVENTO ANUAL SOBRE CLOUD COMPUTING

04/06/2012, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación

O evento, organizado en Madrid o 31 de maio de 2012 polo IIR, contou ademais coa participación da Comisión Europea, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a Axencia Española de Protección de Datos, e outras institucións públicas e privadas que desenvolveron a súa experiencia no mundo de Cloud Computing e nos seus principais aspectos de seguridade.

Fraternidad-Muprespa interveu a través de D. Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información, co relatorio "A importancia do SLA no Cloud: Como garantir a calidade dos servizos prestados".

A importancia cada vez maior do Cloud Computing nos ámbitos informáticos das organizacións fan que sexa unha opción a ter en conta e sobre a que deben desenvolverse os mecanismos de control e supervisión axeitados.

A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NO EVENTO ANUAL SOBRE CLOUD COMPUTING

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016