fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NUNHA XORNADA SOBRE NEXT GENERATION E-LEARNING

05/06/2012, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación

O pasado 29 de maio, o Institute for International Research-IIR España, celebrou en Madrid unha xornada sobre "Next Generation e-Learning " no que participaron importantes empresas nacionais que apostaron pola formación en liña nos seus plans formativos.

Dª. Concepción Guerrero, directora do Departamento de Relacións Laborais e Xestión do Talento de Fraternidad-Muprespa, foi a encargada de expoñer o modo e contido da formación a distancia que a mutua ofrece a todos os seus empregados. Para Fraternidad-Muprespa, a formación é un aspecto básico e decisivo no desenvolvemento profesional e persoal. Por iso, a mutua pon á súa disposición diversos módulos formativos en liña.

Factores como a claridade de contidos, dispoñer de módulos breves e sistemáticos, liberdade de acceso ás plataformas, dispoñibilidade de infraestrutura, autoxestión do tempo e adaptación da oferta formativa en función do perfil do empregado, son considerados claves para o éxito da formación en liña no traballo.

Fraternidad-Muprespa conta cunha experiencia de varios anos na implantación de formación en liña, formación que se complementa con outras actividades didácticas e con metodoloxía presencial. Un exemplo de investimento no proxecto profesional, persoal e formativo dos empregados da entidade, incentivando a cualificación, o talento e o compromiso coa mutua.

A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPOU NUNHA XORNADA SOBRE NEXT GENERATION E-LEARNING

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016