fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPA NO EVENTO e-Salud 2012

12/06/2012, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación

O evento, organizado en Madrid o 7 de xuño de 2012 polo IIR, é a sétima edición dun encontro no que se dan a man tecnoloxía e sanidade.

Contou coa participación de distintos servizos sanitarios de Comunidades Autónomas (Madrid, Valencia, Estremadura), Mutuas de Accidentes da Seguridade Social (Fraternidad-Muprespa, MAZ), Hospitais públicos e privados, Asociacións, Universidades e o instituto de saúde Carlos III.

A participación de Fraternidad-Muprespa correu a cargo de D. Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información, sobre o tema "Como utilizar Business Intelligence para conseguir un uso eficiente dos recursos sanitarios". Durante a súa intervención explicou o proceso de construción dun cadro de mando de xestión con indicadores, que se converten en obxectivos de mellora, e a distribución destes a todos os niveis da organización grazas ás novas tecnoloxías.

O evento tratou outros temas de actualidade como o uso de dispositivos móbiles, a confidencialidade e a seguridade da información do paciente, a interoperabilidade entre procesos e as últimas aplicacións de telemedicina.

Contou cunha numerosa participación de profesionais da xestión sanitaria e das TIC aplicadas á sanidade.

A MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPA NO EVENTO e-Salud 2012

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016