fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

A MUTUA FM PRESENTA OS RESULTADOS DA ENQUISA REALIZADA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO AMBIENTE

20/06/2012, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación

Con motivo da celebración do Día Mundial do Ambiente do pasado 5 de xuño, Fraternidad-Muprespa, no seu portal Web corporativo incluíu dúas enquisas cos seguintes temas e resultados:

ENERXÍA SOSTIBLE TAMÉN NAS EMPRESAS

Este ano 2012 está declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos, e a maioría das persoas que participaron na enquisa teñen claro o concepto do que é a enerxía sostible.

A «enerxía sostible» é aquela enerxía que se produce e se usa de forma que apoie a longo prazo o desenvolvemento humano no ámbito social, económico e ecolóxico.

REDUCINDO O CONSUMO DE RECURSOS NATURAIS ENTRE TODOS

Grazas á súa participación, coñecemos que no 41% das empresas se implantou unha política de redución do consumo de recursos naturais, reducindo o uso de papel, ou utilizándose de xeito responsable a auga e a electricidade.

Colaboremos entre todos para que nos centros de traballo, os nosos hábitos responsables co ambiente se sumen e aumenten a devandita porcentaxe.


Agradecémoslle o tempo que dedicou a cubrir as enquisas e invitámolo a participar en futuras ocasións.

AMBIENTE

¿QUE ENTENDE VOSTEDE POR ENERXÍA SOSTIBLE?

¿SABE SE A SÚA EMPRESA IMPLANTOU UNHA POLÍTICA DE REDUCIÓN DE CONSUMO DE RECURSOS NATURAIS (PAPEL, AUGA, ELECTRICIDADE....)?

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016