fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

O PRESIDENTE DA MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA, CARLOS ESPINOSA DE LOS MONTEROS, SERÁ NOMEADO ALTO COMISIONADO PARA A MARCA ESPAÑA

27/06/2012, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación

O Consello de Ministros aprobará a creación da Marca España e nomearase Alto comisionado desta a D. Carlos Espinosa de los Monteros. Este terá rango de secretario de Estado, aínda que o seu cargo non será retribuído.

Carlos Espinosa de los Monteros é presidente de Fraternidad-Muprespa, vicepresidente de Inditex e ocupou altos cargos directivos en diferentes empresas.

Ten 68 anos, Licenciado en Dereito e Ciencias Empresariais por ICADE, así como técnico comercial e economista do Estado e MBA pola Nortwestern University. A súa ampla experiencia no mundo empresarial tamén o levou a ser presidente do Círculo de Empresarios.

A Marca España tratará de coordinar os activos do noso país en distintos ámbitos como o empresarial, deportivo, cooperantes, artistas, diplomáticos, entre outros.

O obxectivo do Alto Comisionado da Marca España será a de sacar o máximo rendemento das actuacións de persoas, entidades e organismos públicos que impulsen a imaxe do noso país no mundo. Será o responsable de coordinar e coñecer esas actuacións e sacarlles o maior rendemento.

O PRESIDENTE DA MUTUA FRATERNIDAD-MUPRESPA, CARLOS ESPINOSA DE LOS MONTEROS, SERÁ NOMEADO ALTO COMISIONADO PARA A MARCA ESPAÑA

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016