fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPA NOS ENCONTROS DE EQUIPOS DIRECTIVOS VIATORIANOS

05/07/2012, Fraternidad-Muprespa, departamento de relacións coa rede

A mutua Fraternidad-Muprespa tivo o pracer de ser invitada a participar no "Encontro de equipos directivos Viatorianos" que se celebrou en Valladolid o pasado martes día 3 de xullo. Estas sesións realízanas todos os anos os equipos directivos de todos os colexios da orde de San Viator. A participación da mutua consistiu en explicar o "Papel das mutuas nos colexios" (absentismo, incapacidade temporal, seguimento de enfermidade, etc.). O relatorio desenvolveuno D. Julio Santos Palacios, director do departamento de relacións coa rede, e serviu de marco para un debate enriquecedor entre todos os asistentes.

A congregación de San Viator ten en España 6 colexios, dos que catro están asociados con Fraternidad-Muprespa, e emprega preto de 500 traballadores.

FRATERNIDAD-MUPRESPA PARTICIPA NOS ENCONTROS DE EQUIPOS DIRECTIVOS VIATORIANOS

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016