fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

I PREMIO ESCOLÁSTICO ZALDÍVAR Á PREVENCIÓN NO ÁMBITO DA DISCAPACIDADE

01/08/2013, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Relaciones con Asociados y Comunicación
 

Fraternidade-Muprespa outorgou a Repsol o premio "Escolástico Zaldívar", que recoñece o esforzo, o labor, a sensibilidade e o compromiso que realizan as empresas mutualistas no ámbito da prevención, especialmente con aqueles que son máis vulnerables.

Algúns dos aspectos que o xurado salientou de Repsol son a grande sensibilidade cara a persoas con capacidades diferentes, unha coidada metodoloxía para a integración individual do traballador afectado, a adaptación de postos de traballo, a creación dun comité de diversidade e conciliación, así como o fomento do teletraballo. Outras cuestións que o xurado tamén valorou foron a dotación de infraestruturas para persoas con diversidade, a colaboración con fundacións de traballadores con discapacidade intelectual, o seu programa de bolsas, prácticas e a elaboración do Libro Branco da incorporación de persoas con capacidades diferentes en Repsol España.

O premio está dotado cunha asignación económica de 10.000 euros e cunha escultura realizada por Álvaro Moreno, membro da Fundación Dalma, que se dedica á integración social de persoas con risco de exclusión. A escultura está realizada en bronce e representa o logo de Fraternidade-Muprespa.

D. Carlos Espinosa de los Monteros, PRESIDENTE de Fraternidade-Muprespa, foi o encargado de entregar o premio a Dª. Patricia Sanz Madroño, xerente de Relacións Laborais Comercial de Repsol.

O xurado acordou ademais conceder unha mención especial á asociación Feafes-Cáceres (Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental), a súa presidenta, Dª. Felipa Malpartida e o xerente da Asociación, D.José Felix Miñambres, foron os encargados de recoller a mención.

O galardón "Escolástico Zaldívar" responde ao compromiso de Fraternidade-Muprespa coa sociedade e coas empresas mutualistas, un compromiso vivo, como así se reflicte no seu Plan Estratéxico, que naceu de mans de Escolástico Zaldívar, fundador da Fraternidade en 1929, que ten por misión velar polo benestar do traballador ao proporcionarlle as ferramentas necesarias para a súa rehabilitación, prevención e saúde laboral.


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016