Incapacidade permanente

Situación do traballador que, despois de ter estado sometido ao tratamento prescrito e de ter sido dado de alta medicamente, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral, e que pode causar dereito a unha prestación de contía variable segundo o grao da incapacidade (parcial, total, absoluta ou grande invalidez). É causa de extinción da relación laboral, agás no caso de incapacidade permanente parcial e cando, en incapacidade permanente total, se declare a suspensión da relación laboral, con reserva de posto de traballo.