As distraccións, o factor máis frecuente nos accidentes de tráfico mortais en 2020

Seguridad vial
Autor
Departamento de Prevención y Desarrollo de la Cultura de la Salud

Durante o último ano, marcado pola pandemia da COVID-19, 1.370 persoas perderon a vida en accidentes de tráfico (6.681 tiveron que ser hospitalizadas por mor dun accidente), segundo o balance da Dirección Xeral de Tráfico. É a cifra máis baixa desde que se rexistraron e inclúe persoas falecidas en vías interurbanas e urbanas durante os 30 días posteriores ao sinistro. A taxa de mortalidade situouse en 29 persoas mortas por millón de habitantes, unha das máis baixas da Unión Europea en 2020, só por detrás de Suecia (18), Malta (21) e Dinamarca (27).

O descenso do número de falecidos produciuse nun contexto de redución dos desprazamentos de longa distancia, que se estimou nun 25%, provocado polas restricións de mobilidade impostas pola pandemia da COVID-19, mentres que o parque de vehículos situouse en 36.158.465 vehículos, un 1% máis que en 2019.

.

O factor humano e a mellora da conduta segue a ser un reto para a seguridade viaria. Por quinto ano consecutivo, as distracións foron o factor concorrente máis frecuente nos accidentes mortais (estiveron presentes nun 31% deles), seguidas do consumo de alcohol (presente nun 27%) e velocidade(125%)___HTML presente.

¿Que te ha parecido el contenido?