Límites de exposición laboral para axentes químicos en 2025

Higiene industrial
Autor
Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo (INSST)

O INSST publicou recentemente a nova lista de Valores límite de exposición profesional para axentes químicos en España en 2025 e que foron aprobados, o 27 de xaneiro de 2025, pola Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

Os límites de exposición profesional son valores de referencia para a avaliación e control dos riscos inherentes á exposición, principalmente por inhalación, a axentes químicos presentes no lugar de traballo e, polo tanto, para protexer a saúde dos traballadores.

As actualizacións que esta edición ten nas súas táboas de valores ambientais e biolóxicos e anexos correspondentes son relativas a valores límite ambientais de axentes como benceno, compostos de cromo VI, níquel ou cianuro de vinilo, entre outros.

Tamén se incorporaron as modificacións establecidas no Real decreto 612/2024, do 2 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo.

Desde Fraternidad-Muprespa  anmámosvos a que visitedes o portal especializado

¿Que te ha parecido el contenido?