Saúde e riscos laborais con perspectiva de xénero
Onte domingo 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller e para lembrar a loita histórica das mulleres pola igualdade de dereitos, xustiza e paz.
Aproveitando esta data queremos recuperar un interesante documento elaborado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que leva por título:“Ferramenta de apoio no 10: Saúde laboral e riscos laborais con perspectiva de xénero” que formou parte dunha serie de documentos denominados ferramentas de apoio á implantación de Plans de Igualdade nas empresas, forman parte do Servizo de Asesoramento de Plans e Medidas de Igualdade nas Empresas, que se ofrece a través da páxina web www.igualdadenlaempresa.es, e como o seu propio nome indica, a súa finalidade é proporcionar pautas ás empresas para avaliar os seus propios recursos de xestión, desde a perspectiva da igualdade entre mulleres e homes.
Partindo da consideración anterior de que a seguridade e saúde laboral das mulleres traballadoras constitúen un dereito fundamental, nesta Ferramenta de Apoio número 10 na que nos centramos na saúde e os riscos laborais, comprobaremos que é necesario integrar a perspectiva de xénero na análise da saúde, tendo en conta o dano irreversible que provoca a combinación do traballo con outros factores non laborais que en ocasións interactúan entre si para potenciar os riscos laborais.