Vídeos curtos FP leva prevención
Ao igual que en convocatorias anteriores, a RESST participou na difusión do concurso de vídeos curtos “A FP lidera a prevención na era dixital” destinado a promover a cultura preventiva nas etapas educativas previas á inserción no mundo laboral.
O día 27 de novembro ás 11.50 horas celebrarase unha xornada en liña na que se presentará unha selección de vídeos elaborados polos alumnos participantes no concurso, que tiveron unha visión clara e actual dos riscos e oportunidades que a dixitalización supón no traballo.