14 de xullo, Día Mundial do Auxiliar de Enfermaría: a esencia dos coidados

General
Autor
Departamento de comunicación

Cada ano, coa conmemoración deste día, recoñécese o papel crucial que estes profesionais desempeñan no sistema sanitario e, no marco desta celebración,Fraternidad-Muprespa homenaxea aos centos de auxiliares que forman parte do seu cadro de persoal e que son piares esenciais na atención de calidade que presta aos seus mutualistas.

E o 14 de xullo non é só un aniversario simbólico: tamén é unha oportunidade para visibilizar e dignificar esta profesión, ligada á dedicación, empatía, dedicación e apoio aos pacientes, que adoitan ser moi vulnerables polas patoloxías que presentan.  

O seu labor abrangue dende a atención básica ao paciente ata o apoio loxístico e administrativo, colaborando nas actividades doutros profesionais sanitarios e garantindo unha atención continuada.

Se buscamos o perfil maioritario da profesión, atoparemos que o perfil maioritario é feminino: mulleres formadas en ciclos de grao medio. A idade media oscila entre os 35 e os 50 anos e a súa actividade diaria pasa pola hixiene persoal dos pacientes, a súa mobilización, a toma de constantes vitais, e outras como a colaboración co equipo médico ou en relación coa alimentación do paciente.

Para o seu traballo contan con ferramentas de traballo e competencias técnicas como o rigor á hora de aplicar protocolos, tanto hixiénicos como sanitarios, e a versatilidade nas funcións asistenciais e administrativas.

Dende Fraternidad-Muprespa, queremos darlle as grazas de corazón aos que fan desta profesión un acto diario de xenerosidade e coidado tanto na rede de centros de saúde como nos centros hospitalarios xa que sen eles.a sanidade simplemente non funcionaría igual.

Que che pareceu este contido?