Seguridade e saúde no traballo ISO 45001
Fraternidad-Muprespa comprométese a acadar un alto nivel de seguridade e saúde dos seus traballadores, co fin de protexer o seu dereito á vida, á integridade física e á saúde, tal e como establece a nosa Política de Seguridade e Saúde Laboral.
Por este motivo, asumimos e promovemos a integración da Prevención de Riscos Laborais na Xestión da Mutua, contando cun Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde Laboral específico segundo a norma UNE-EN ISO 45001:2018.
Deste xeito, confirmamos o noso firme propósito de perseguir a mellora continua e de obter os mellores resultados posibles en materia de seguridade e saúde no traballo para as persoas que integran a Mutua, contribuíndo á sustentabilidade social da entidade.
