9 empresas lucenses reciben a Distinción Cero Accidente de Fraternidad-Muprespa pola súa sinistralidade cero
Fraternidad-Muprespa entregou este xoves en Lugo os Distintivos Cero Accidentes a 9 mutualistas nun acto celebrado na Dirección Provincial da Mutua da cidade. Todos eles teñen en común que non denunciaron accidentes de traballo ou enfermidades profesionais nos últimos quince, dez ou cinco anos. O resto de empresas merecedoras da distinción, unhas vinte, recibirano en breve.
Os distintivos preténdese colocar nun lugar visible na empresa para deixar constancia da súa proactividade a prol da seguridade, a saúde e o benestar laboral. Empresas recoñecidas poderán compartir as súas boas prácticas na campaña que a Mutua desenvolve nas súas redes sociais co hashtag #CeroAccidentesFM.
José Luis Sánchez, Director Provincial da Mutua, recibiu aos representantes das empresas insignes e destacou a importancia de mellorar a saúde do persoal laboral, así como de adquirir hábitos saudables. Tamén destacou que os distintivos entregados demostran o interese das empresas por promover ambientes seguros e saudables.
Tras a entrega dos distintivos, Jacobo Baró, Director Territorial Noroeste da Mutua, enxalzou o compromiso coa prevención destas empresas, destacando que quen recolleu o distintivo é a proba de que é posible acadar cero accidentes.
As empresas que recibiron a distinción no evento foron:
Categoría de bronce:
- ASOCIACIÓN DE ESCOLAS DE MÚSICA DE VILALBA
- ESCOLA INFANTIL LUCUS BABY S.L.
- PROESTE INGENIERIA CONSULTORIA Y SERVICIOS, S.L.
- SOTAVENTO GALICIA S.A.
- TENZAS ENSEÑERIA E ASESORAMENTO LEGAL, S.L.
- TRANSMEDIA COMUNICACIONES Y PRENSA, S.L.
- VERSA ASESORES S.L.
Categoría de prata:
- PROESTE INGENIERÍA, S.L.
Categoría Ouro:
- SEGUCONTA, S.L.











