A MUTUAL Fraternidad-Muprespa CELEBROU UNHA XORNADA NO D.R. EN VIGO. 625/2014

Recensión de xornada
Autor
Fraternidad-Muprespa

O pasado xoves 23 de outubro a Mutua Fraternidad-Muprespa en colaboración con Ilustre Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra, realizaron unha xornada informativa en Vigo titulada: “Novas normas no control da Incapacidade Temporal RD 625/2014”.

D.a Purificación Silva Martínez, vicepresidente do Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra, presentou o acto dando a benvida aos asistentes e relatores. Salientou o alto interese e éxito da convocatoria, felicitando expresamente á nosa Entidade pola temática das xornadas e a súa difusión. Tamén subliñou "a importancia de establecer colaboracións entre organizacións que axuden a mellorar a información técnica entre os profesionais".

Despois tomou a palabra D. Manuel López Sacristán, Coordinador de Prestacións de Fraternidad-Muprespa, que de forma amena fixo unha exposición sobre os matices do RD 625/2014. Despois, xerouse un debate con preguntas que nos permitiu afondar en aspectos concretos da presentación.

D. Andrés Ortigueira Núñez, Director da Delegación de Vigo de


"A túa Mutua 275- Calidade e Servizo, os 365 días do ano"
Que che pareceu este contido?