Actualízase a guía para a avaliación e prevención de riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos
O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) publicou recentemente a actualización da "Guía técnica para a avaliación e prevención de riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos".
O texto supón a actualización da segunda edición do documento de 2014 e nel revisouse o conxunto de observacións aos artigos do Real decreto 664/1997, con especial relevancia ao artigo 4, en relación coa avaliación de riscos, e ao artigo 6, coas medidas de redución destes, así como a revisión e actualización do seu contido , así como os anexos.
Cómpre lembrar que a base xurídica deste documento é o Real decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo e que na súa disposición derradeira primeira encomendou ao INSST a elaboración e mantemento dunha guía técnica actualizada, de carácter non vinculante para a avaliación de axentes biolóxicos, durante o traballo.
Desde Fraternidad-Muprespa anmámosvos a que visitedes o portal especializado Previene con numerosos contidos audiovisuais que pretenden promover a prevención e a saúde laboral para contribuír a reducir a sinistralidade das nosas mutualistas.