Buscámoste porque o teu talento é a túa oportunidade

General
Autor
Departamento de comunicación

Chamanse Mariel, Vanessa e José Luis pero neste vídeo tamén poderían estar Victoria, Jaime, Claudia, Ricardo... ou calquera dos máis de mil profesionais sanitarios que traballan na Fraternidad-Muprespa. E no outro lado da pantalla, estás ti, vendo quen poden ser os teus futuros compañeiros.

En Fraternidad-Muprespa queremos contar coa túa experiencia, os teus coñecementos e as túas ganas de contribuír. Queremos que participedes na recuperación da saúde dos nosos traballadores protexidos. Queremos contar contigo para o benestar dos nosos mutualistas. Queremos ofrecerche un crecemento profesional nunha entidade case centenaria dedicada á atención. Non en van somos "a mutua que te coida".

Por iso compartimos neste vídeo os testemuños de diferentes profesionais, apaixonados pola saúde e o benestar, en cuxas vidas un día se cruzou Fraternidad-Muprespa. Este é un vídeo testemuño que recolle a esencia do que significa ser parte da nosa mutua empresa.

Historias de desenvolvemento profesional, encontro de novos retos, conciliación laboral, formación, promoción, experiencias compartidas, primeiras oportunidades e madurez laboral. Historias dunha vida de fisios, médicos, enfermeiras... todos son Fraternidad-Muprespa.

Agora é a túa quenda

Contamos contigo

¿Que te ha parecido el contenido?