Campaña de formación en seguridade viaria con realidade virtual inmersiva en Barcelona
Para combater os accidentes laborais asociados ao tráfico, Fraternidad-Muprespa impartiu durante todo o mes de outubro un total de 14 obradoiros de seguridade viaria co equipo de realidade virtual inmersiva da provincia de Barcelona.
O obxectivo desta dinámica é conseguir experiencias de condución simuladas en tempo real con seguridade e sen saír da aula. Para conseguilo, combínase a última tecnoloxía en realidade virtual cunha exposición de conceptos técnicos e de sensibilización, adaptados ao perfil dos asistentes. Deste xeito, preténdese cambiar a percepción do risco do condutor.
Daban as sesións Aritz Acebal e Oscar Luquin, técnicos superiores de Prevención de Riscos Laborais en Fraternidad-Muprespa. Os obradoiros tiveron unha gran acollida por parte dos asistentes, procedentes de empresas como Correos, Ambulancias Catalunya, Grupo Electro Stocks, Stac, GPO Group ou GEA Refrigeración Ibérica.