Como xestionar a prevención da COVID no lugar de traballo? Un novo reto para PREVYMAN.
No seguinte vídeo, PREVYMAN explica o caso dunha empresa que está preocupada porque no seu centro de traballo se produciu un brote de contaxios de COVID, con importantes consecuencias negativas xa que obrigou a pechar a empresa durante case un mes, ademais dos casos de contaxio que se produciron entre os traballadores e que puxeron en risco a súa saúde e as súas familias.
Como afrontará PREVYMAN este reto? Que plan de acción establecerá? Podes velo no seguinte vídeo: