Fraternidad-Muprespa ENTRE OS MELLORES SITIOS WEB DE RECURSOS SANITARIOS SEGÚN UN ESTUDO DO CSIC
Recentemente publicouse o Ranking dos mellores portais web de recursos sanitarios a nivel mundial, no que Fraternidad-Muprespa ocupa a novena posición a nivel español e a primeira entre as Mutuas de Accidentes de Traballo. O estudo foi realizado pola Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), específicamente para o seu Laboratorio de Cibermetría.
Este ranking pretende destacar o compromiso das entidades sanitarias na publicación e difusión electrónica da información, medindo a cantidade de información, a súa visibilidade e o impacto que ten no tráfico de Internet.
No mesmo estudo, a nivel mundial,Fraternidad-Muprespa Ocupa a posición número 464 de 16.330 páxinas web sanitarias.
Estes resultados demostran, unha vez máis, o traballo e compromiso de Fraternidad-Muprespa por ser a Mutua de referencia, tamén no ámbito tecnolóxico.
Hai máis de 10 anos formalizamos unha clara aposta polas novas tecnoloxías e os sistemas de información, que hoxe nos permite ser pioneiros neste campo. O noso Portal Web corporativo e a nosa Extranet de servizos, en constante evolución, actualizando e renovando os seus contidos, son un referente dentro do sector da Mutua e de todo o ámbito sanitario.
| POSICIÓN ESPAÑA | POSICIÓN MUNDO | CENTRO DE SAÚDE |
| 1. | 77 | Instituto Municipal de Investigacións Médicas Hospital do Mar |
| 2. | 243 | Complexo Hospitalario Universitario de Albacete |
| 3. | 301 | Hospital Universitario Rexional Carlos Haya |
| 4. | 336 | Instituto Catalán de Oncoloxía |
| 5. | 338 | Hospital de Cruces |
| 6. | 348 | Hospital Universitario Virgen de las Nieves |
| 7. | 357 | Hospital de la Santa Creu i Sant Pau |
| 8. | 389 | Clínica Universitaria de Navarra |
| 9. | 464 | Fraternidad-Muprespa |
| 10. | 484 | Clínica Tambre |
Ligazón Centros de Saúde - Lista completa - Ranking.
Ligazón Laboratorio de Cibermetría do CSIC.
"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"