II Marcha pola prevención en Lugo

Semana de la prevención
Autor
Fraternidad-Muprespa

Entre os actos enmarcados na Semana da Prevención de Fraternidad-Muprespa, en Lugo o II Marcha pola Prevención en Lugo, a xornada comezou cunha charla da fisioterapeuta da Mutua Lucía Rodríguez-Lorasque sobre os beneficios de realizar unha actividade física, como camiñar e sobre todo nunha cidade como Lugo onde o entorno que rodea a cidade se presta de xeito especial para ela.

Unha vez que os asistentes comprenderon os aspectos positivos da actividade e cheos de ilusión, comezou un percorrido de 5,4 quilómetros polo paseo do río Miño ata a localidade de Conturiz, onde un autobús os recolleu para devolvelos ao punto de partida.

Os asistentes gozaron da magnífica contorna a pesar do mal tempo e chegaron ao destino con ganas de ampliar o percorrido.

Queremos agradecer dun xeito especial neste ano 2017, que en Fraternidad-Muprespa o teñamos declarado como ano de INTEGRACIÓN  de persoas con discapacidade,Obra social das Fillas da Caridade “Centro Residencial Asistencial e Ocupacional San Vicente Paul” pola colaboración na xornada coa participación na andaina de cinco dos seus alumnos, que fixeron feliz a nosa andaina coa ilusión que mostraron ao longo do percorrido.

"Querer a alguén non significa facer algo por el, senón axudarlle a descubrir a beleza e a súa propia orixinalidade, a luz que agochan e o sentido da súa vida".

 

Que che pareceu este contido?