Instrucións para as probas de diagnóstico de Covid no ámbito das empresas
A Consellería de Sanidade actualizou a finais do pasado mes de decembro o documento titulado Instrucións para a realización de probas diagnósticas para a detección de Covid-19 nas empresas.
Trátase dun traballo que pretende ser unha axuda para levar a cabo a detección precoz de todos os casos compatibles co virus, que é un dos puntos clave para controlar a transmisión e, polo tanto, a realización de probas diagnósticas de infección activa debe estar encamiñada fundamentalmente a localizar casos con capacidade de transmisión, priorizando este uso fronte a outras estratexias.
Neste sentido, a intervención das empresas, a través dos servizos de prevención, está a ser fundamental xa que é a súa responsabilidade avaliar o risco de exposición que poidan atopar os traballadores en cada unha das tarefas diferenciadas que realizan e seguir as recomendacións emitidas polo servizo de prevención ao respecto, tendo en conta tamén as directrices e recomendacións formuladas polas autoridades sanitarias.
En todo momento dende Sociais quixemos axudar ás nosas empresas na xestión diaria da crise e por iso vimos ofrecéndovos toda a información actualizada dende o punto de vista laboral e sanitario no noso portal Previene___TAG23___Previene___TAG25___ sempre coa lexislación, guías de actuacións, HTMLTAG25_________TAG25__________TAG25______ ou normativas de actuacións procedentes de fontes e organizacións oficiais, que se converteron neste momento nunha ferramenta útil para calquera empresa.