A importancia do 'dobre clic solidario' na nosa declaración da renda
Entre o 7 de abril e o 30 de xuño está en vigor a campaña de Renda 2020. Segundo o convenio asinado por
Como vimos lembrando dende a Mutua nas dúas últimas campañas, os contribuíntes non teñen que elixir entre a caixa destinada a fins sociais e a da Igrexa, senón que poden marcar ambas, xa que facelo non supón pagar máis nin que a devolución sexa menor, pero si aumenta o número de beneficiarios.
Ao elixir esta opción, a de dobre marcaxe, destinarase un 0,7% a cada unha destas finalidades e polo tanto duplícase a cantidade destinada a causas sociais. “É importante que as persoas que marcan exclusivamente a casilla da Igrexa saiban que se tamén marcan a casilla de Actividades de Interese Social estarían a favorecer o desenvolvemento de proxectos sociais de ONG vinculadas á Igrexa Católica, dado que tamén xestiona proxectos no marco da convocatoria de subvencións, e viceversa”, indica. Asunción Montero, presidente da Plataforma.
Pola súa banda Natalia Fdez. Laviada, subdirector xeral de Prevención, Calidade e Comunicación da Mutua, destacou que "cada euro conta para axudar nun ano tan complicado como este. Son moitos os destinatarios destas axudas e por iso é tan importante contar coa solidariedade de todos a través dos nosos impostos".