RDL 2/2022: Artigo 1

 

 

Para quen é esta axuda?

A aqueles traballadores autónomos que, a partir do 28 de febreiro de 2022, estivesen percibindo algunha das prestacións reguladas nos arts. 10 e 11 deReal decreto lei 18/2021, do 28 de setembro.

Aqueles traballadores autónomos que esgoten as prestacións a que se refire o artigo 2 do Real decreto lei 2/2022, do 22 de febreiro, poderán beneficiarse destas exencións desde a finalización das exencións a que se refire o apartado 4 do dito artigo e ata o 30 de xuño de 2022.

En que consiste a axuda?

Esta axuda consiste nunha exención das cotas á Seguridade Social e da formación profesional, segundo o seguinte baremo:

a) Exención de 90 % nas cotas correspondentes ao mes de marzo 2022.

b) Exención de 75 % das cotas correspondentes ao mes de Abril 2022.

c) Exención de 50 % das cotas correspondentes ao mes de Maio 2022.

d) Exención de 25 % das cotas correspondentes ao mes de Xuño 2022.

Hai a obriga de seguir cotizando á Seguridade Social?

Si, para beneficiarse destas exencións, o autónomo deberá permanecer dado de alta cotizando no Réxime Especial ata o 30 de xuño de 2022.

Canto tempo durará a axuda?

 As axudas afectarán ás cotizacións dos meses de marzo, abril, maio e xuño de 2022.

Cales son as incompatibilidades con esta axuda?

Esta axuda será incompatible coa percepción de calquera prestación por cesamento de actividade en calquera das súas modalidades.

Cal é o prazo para solicitar esta axuda e como podo tramitalas?

Dado que a norma non indica nada, débese entender que a TGSS aplicará as exencións de oficio sen que sexa necesario formular ningunha solicitude.

 

(*) As anotacións en vermello corresponden a aclaracións ou cuestións obxecto de interpretación, como as exoneracións do RDL anterior.

Que che pareceu este contido?