Traballos seguros e saudables na era dixital
EU-OSHA lanza a nova campaña con motivo da Semana Europea da Seguridade e a Saúde no Traballo:"Traballo seguro e saudable na era dixital 2023-2025" que ten como obxectivo contribuír a concienciar sobre o impacto das novas tecnoloxías dixitais no mundo laboral, nos lugares de traballo e os retos e oportunidades asociados á seguridade e saúde neste ámbito.
O lanzamento da campaña terá lugar mañá, 26 de outubro, en Bruxelas, a través dunha rolda de prensa na que participarán o comisario europeo de Emprego e Dereitos Sociais xunto co vicepresidente segundo e ministro de Traballo e Economía da UE en funcións.
Está claro que as tecnoloxías dixitais transformaron a sociedade e a nosa vida cotiá e para os traballadores e empresarios de moitos lugares de traballo e sectores, a tecnoloxía dixital ofrece maiores oportunidades, pero tamén presenta maiores retos e riscos en materia de seguridade e saúde.
Nos últimos anos A gran maioría das empresas europeas integraron as tecnoloxías dixitais nas súas operacións pero, a pesar do crecente uso de robots, portátiles, teléfonos intelixentes ou dispositivos wearable, só o 20% das empresas está a discutir o impacto potencial destas tecnoloxías na seguridade e a saúde dos traballadores.
Por este motivo ponse en marcha esta campaña está en consonancia co enfoque Visión Cero co obxectivo de concienciar, achegar recursos prácticos e reunir aos interesados. A campaña estrutúrase en cinco áreas prioritarias que serán:
- Traballar en plataformas dixitais
- Robótica avanzada e intelixencia artificial
- Traballo a distancia
- Sistemas dixitais intelixentes
- A xestión dos traballadores a través da intelixencia artificial
Estes ámbitos prioritarios reforzaranse mediante paquetes especiais de comunicación e promoción que contarán con diversos materiais, entre eles informes, fichas, infografías e casos prácticos que publicará a Axencia Europea.