O paciente no centro
En Fraternidad-Muprespa levamos máis de 90 anos reforzando o noso compromiso coas persoas, traballando para ofrecer unha xestión sanitaria de calidade e coa única misión de restaurar a saúde dos traballadores protexidos.
Para conseguilo, contamos cunha ampla rede asistencial propia con máis de 100 centros en todo o territorio e no corazón desta rede atópase o Fraternidad-Muprespa Hospital da Habana de Madrid, un centro de vangarda que garante unha óptima sincronización da súa funcionalidade grazas ao deseño dun excelente edificio dixital e á tecnoloxía máis avanzada dos profesionais sanitarios en man de excelentes equipamentos intelixentes e avanzados.
O Hospital foi deseñado para que o paciente coñeza como é o entorno no que vai ser atendido, como se abordará a solución ao seu problema de saúde e teña unha experiencia personalizada e adaptada ás súas necesidades, polo que conta con circuítos diferenciados que garanten o fluxo de pacientes que acuden ao centro, xa sexa para unha intervención con ingreso hospitalario ou un procedemento ambulatorio, para unha cita de urxencias ou para consultas externas.
Dispón de 50 habitacións individuais, cun espazo cómodo pensado para o paciente e o acompañante. O armario das habitacións dispón dun sistema de apertura e peche por contrasinal para que poidas deixar os teus obxectos persoais con total tranquilidade. O baño está adaptado e sen barreiras arquitectónicas. A televisión con entretemento dixital e a canle 0 de Fraternidad-Muprespa, permíteche ver imaxes das túas probas ou detalles da intervención co médico. Ademais, a tableta intelixente da habitación facilita que poidas contactar co equipo de enfermería en calquera momento.
Grazas ao sistema de localización de pacientes Bluetooth, os familiares ou acompañantes serán informados en todo momento do estado do paciente, recibindo no seu teléfono móbil mensaxes sobre o seu estado, cando comeza e remata a intervención, se xa están na UPA (Unidade de Recuperación Postanestesia) e cando chegarán á habitación.
O paciente é o centro de calquera sistema sanitario. Asegurar que reciba a atención que máis lle conveña e ofrecer ao paciente e aos seus acompañantes un ambiente cómodo e confortable, permítenos recuperar a súa saúde coas máximas garantías.
