Fraternidad-Muprespa

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, é unha das 20 entidades desta natureza xurídica existentes en España. Encóntrase inscrita no Rexistro de Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social, dependente do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, co n.º 275.

A mutua é o resultado da fusión de dúas entidades precedentes:

  1. «La Fraternidad», rexistrada co n.º 166
  2. «Muprespa-Mupag-Previsión», rexistrada co n.º 269

Esta fusión autorizouse pola Secretaría de Estado da Seguridade Social, mediante Resolución do 22 de febreiro de 1999.

  • La Fraternidad fundárase en Bilbao en 1929, sendo o seu primeiro Presidente D. Escolástico Zaldívar, aprobándose a súa inscrición no rexistro correspondente coa denominación «La Fraternidad Mutua Nacional», segundo Real orde de 10 de outubro dese ano, publicada na Gaceta de Madrid (predecesor do BOE).
     
  • Muprespa fundouse en Madrid en 1991, publicándose a súa inscrición no rexistro por Resolución da Dirección Xeral de Ordenación Xurídica e Entidades Colaboradoras da Seguridade Social con data 27 de maio dese ano, coa denominación «Muprespa Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social n.º 269». Nomeouse presidente da nova entidade a D. Miguel Cuenca, por entón vicepresidente do Instituto Nacional de Industria (INI). Posteriormente, por Orde de 28 de decembro de 1995, autorízase a absorción de «Mupag Previsión MATEPSS n.º 150» por Muprespa, asignándose a nova denominación «Muprespa-Mupag-Previsión MATEPSS n.º 269».

Datos de Fraternidad-Muprespaxx
Presidente: D. Carlos Espinosa de los Monteros
Director xerente: D. Carlos Aranda
Sede Social:
Pza. Cánovas del Castillo, 3, Madrid.  28014 Madrid
Internet: www.fraternidad.com
Persoal: 2.010 empregados
Instalacións: 122 puntos de atención
Ingresos de xestión: 990,3 mill./€
Empresas mutualistas: 120.009
Autónomos: 181.685
Traballadores protexidos: 1.216.561
Ámbito: Nacional. Con presenza nas 50 provincias de España