8 de marzo. Mulleres líderes, por un futuro igualitario no mundo da Covid-19
Podcast FM 1x20
Durante o mes de febreiro celebráronse días tan potentes e necesarios como o Día da Muller e a Nena na Ciencia, o Día da Igualdade Retributiva ou o Día Mundial da Tolerancia Cero ante a Mutilación Xenital Feminina, ata chegar ao día, con maiúsculas, do 8M. Estes, no primeiro trimestre do ano pero despois chegan máis: o Día Internacional da Traballadora Doméstica, o Día Mundial da Muller Rural, o Día Internacional da Viúva ou o Día Internacional de Acción pola saúde da muller. Asegúrovos que aínda deixei moito atrás. Deberían ser necesarios tantos días para reivindicar o papel da muller? para poñelo no lugar que se merece? Hoxe en podcastFM falamos da necesaria igualdade entre sexos, de aglutinar posturas que só poden ir da man. Hoxe falamos de mulleres.
