Por que fracasan os intentos de transformación en prevención
Continuamos estes días presentando diferentes documentos relacionados coa cultura Visión Cero, que é o tema central da nosa VI Semana da Prevención.
Coincidindo co Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, no Fraternidad-Muprespa celebramos a nosa VI Semana da Prevención co como obxectivo xerar unha cultura preventiva entre as nosas empresas asociadas.
Celebramos este ano a nosa sexta edición co lema:“Ante a sinistralidade laboral, abre os ollos. ACTIVA A VISIÓN CERO”, e na que trataremos de acadar o noso obxectivo de dar a coñecer outra forma de abordar a prevención máis eficaz, a competitividade e a produtividade das empresas. Esta nova forma de prevención xerará nas mutuas un pensamento responsable, baseado nos valores de promoción da saúde dos seus traballadores, promovendo un cambio de actitudes e, en consecuencia, mellorando os comportamentos de seguridade.
Hoxe queremos deternos no artigo titulado Por que fallan os intentos de transformación de John P. Kotter, publicado na revista Harvard Business Review en 1995.
O artigo analiza as empresas que realizaron cambios e se reinventaron así como os esforzos que levaron a cabo baixo diversos parámetros como a xestión da calidade total, a reenxeñaría, o axuste laboral, a reestruturación, o cambio cultural e a transformación.
Algúns destes esforzos de cambio corporativo foron exitosos e algúns foron fracasos totais, aínda que a maioría están nalgún lugar intermedio. As leccións que se poden extraer son interesantes para calquera organización.
#FMWeekPRL
Coñece todos os detalles sobre a VI Semana da Prevención de Fraternidad-Muprespa premendo AQUÍ.