Prevención no mantemento e conservación das estradas
A Fundación Laboral da Construción traballa dende mediados do ano pasado en dous proxectos cos que pretende concienciar sobre os riscos derivados dos traballos de conservación e mantemento de estradas, co fin de colaborar na redución da sinistralidade derivada delas, así como para a difusión de normas, boas prácticas e procedementos de traballo seguros
.O primeiro proxecto ten que ver con traballos de conservación e mantemento de estradas que teñen como obxectivo común a creación de materiais e contidos que axuden á correcta xestión da prevención de riscos laborais neste tipo de traballos. O obxectivo é proporcionar información sobre como planificar as medidas axeitadas antes do inicio do traballo, facendo especial fincapé nas tarefas de sinalización, que representan o maior risco para os traballadores.
No segundo proxecto, FLC coordina ata 2020 o proxecto europeo “VRoad” para a aprendizaxe, a través da realidade virtual, aplicada á formación viaria na construción europea. Trátase dun proxecto pertencente ao programa Erasmus+ da Unión Europea, no que tamén participan entidades doutros países.
Innovando en prevención
Fraternidad-Muprespa na súa vontade de innovar e axudar aos seus asociados na mellora da súa sinistralidade, vén utilizando a última tecnoloxía dispoñible, e concretamente no ámbito da seguridade viaria coa realización do noso Taller de Seguridade Viaria coa realidade virtual que se imparte______Taller de seguridade viaria os nosos técnicos a nivel nacional como ferramenta de sensibilización para a prevención de accidentes de tráfico.