Recomendacións de actuación nos centros de traballo ante emerxencias externas
O Instituto Valenciano de Seguridade e Saúde no Traballo (INVASSAT) publicou recentemente o documento informativo titulado: “Recomendacións básicas de actuación nos centros de traballo ante emerxencias externas”.
Este material pretende axudar aos responsables dos centros de traballo a establecer e implantar medidas de prevención que garantan a seguridade e a saúde dos traballadores en situacións de emerxencia derivadas de riscos externos e coa idea de que tamén lles permita cumprir o sinalado no artigo 20 da Lei de prevención de riscos laborais.
Contémplanse diversos tipos de riscos, tanto naturais como tecnolóxicos, e ofrécense recomendacións preventivas a ter en conta antes, durante e despois dunha emerxencia, todo iso para contrarrestar posibles efectos negativos e protexer a todo o persoal laboral.