Remata a situación de crise sanitaria polo Covid e remata a obriga de usar máscaras

Novedades

Tres anos e catro meses despois da declaración do estado de alarma pola pandemia da COVID-19, o Boletín Oficial do Estado recolle a orde SND/726/2023, do 4 de xullo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros celebrado onte, polo que se declara o fin da situación de crise sanitaria provocada polo COVID-19, unha crise de extraordinaria magnitude e gravidade polo alto risco de contaxio, o elevado número de afectados, a presión sobre os servizos sanitarios e o altísimo custo social e económico derivado das extraordinarias medidas de contención e distanciamento adoptadas. 

Deste xeito, conclúese este escenario pensado para afrontar a situación de emerxencia sanitaria e protexer a saúde e a seguridade dos cidadáns. Entre os seus efectos máis salientables está o fin da obrigatoriedade de usar máscaras. 

No anexo da publicación tamén se formulan varias recomendacións dirixidas a administracións e cidadáns. En primeiro lugar, destaca a protección da poboación vulnerable, especialmente no relativo a evitar a transmisión de infeccións respiratorias e manter unha actitude responsable. 

A segunda medida pasa por reforzar a vixilancia da saúde pública, piar fundamental para a preparación que poida ser necesaria ante posibles futuras emerxencias sanitarias. 

En terceiro lugar, seguirase promovendo a vacinación contra a COVID-19 e outros microorganismos causantes de infeccións respiratorias.

O fortalecemento do marco estratéxico de preparación e resposta ás emerxencias sanitarias é o cuarto punto a ter en conta ante as ameazas para a saúde pública xeradas por axentes biolóxicos, químicos, axentes físicos ou ameazas de orixe ambiental, incluídas as relacionadas co cambio climático. 

Tamén é clave fortalecer os recursos humanos, as capacidades de preparación e resposta ante as emerxencias sanitarias, así como a resiliencia dos sistemas de saúde. Este punto é o quinto do anexo de medidas extraordinarias. 

A sexta medida sería o mantemento da reserva estratéxica sanitaria que permita unha resposta oportuna e eficaz e garanta a dispoñibilidade e a capacidade de produción óptima de contramedidas en situacións de crise. 

Finalmente, en sétimo lugar, considérase clave manter mecanismos de goberno compartido e seguir afondando nos mecanismos de coordinación e cooperación interadministrativa. 

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, mostrará especialmente escrupulosa na aplicación de estas medidas gubernamentais, tal e como se fixo dende o 11 de marzo de 2020 no seu traballo de protección das súas empresas mutualistas e dos seus traballadores protexidos.  
 

Que che pareceu este contido?