Risco emerxente do amianto na construción, un inimigo oculto

Seguridad en el Trabajo
Autor
Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo (INSST)

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) publicou recentemente o folleto en formato tríptico titulado: "Amianto, risco emerxente na construción: un inimigo oculto, evita que o teu traballo e a túa vida se paren" que ten como obxectivo concienciar a todos os axentes implicados sobre a importancia de previr o risco laboral e informar ao sistema preventivo da exposición laboral.

O obxectivo último deste documento é evitar exposicións “pasivas” (accidentais), tanto dos traballadores non especializados en amianto que interveñan en obras de reforma, rehabilitación ou desmantelamento, como do resto de persoas afectadas, no caso de xerar fontes de emisión de fibras de amianto ao medio ambiente como consecuencia do traballo.

Desde Fraternidad-Muprespa  anmámosvos a que visitedes o portal especializado Previene con numerosos contidos audiovisuais que pretenden promover a prevención e a saúde laboral para contribuír a reducir a sinistralidade das nosas mutualistas.

¿Que te ha parecido el contenido?