Riscos ergonómicos e psicosociais nos intérpretes de lingua de signos
O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSST) presentou o cartel titulado: ""Riscos ergonómicos e psicosociais no grupo de intérpretes de signos e guías de interpretación" que acompaña ao documento técnico, que xa foi presentado o pasado mes de decembro, e no que se analizan os principais riscos ergonómicos e psicosociais aos que están expostos os traballadores deste colectivo, así como as medidas preventivas necesarias para garantir a súa seguridade e saúde laboral.
O seu traballo é fundamental para a accesibilidade e comunicación das persoas xordas e xordocegas, pero supón retos que poden afectar á súa saúde física e mental e por iso Un dos factores fundamentais na prevención de riscos laborais é a diversidade de ambientes nos que traballan, moitas veces en espazos cedidos polos clientes. Esta situación pode aumentar a súa exposición a certos riscos debido ao descoñecemento previo do ambiente de traballo. Ademais, os seus ritmos de traballo vense impostos pola natureza da tarefa, que limita a súa capacidade de descanso ou adaptación do esforzo, xerando unha elevada carga física e psíquica.
Dado que esta profesión presenta altos riscos ergonómicos, é fundamental contar con medios adecuados para minimizar o seu impacto. Este documento ofrece unha análise detallada destes riscos e propón medidas preventivas específicas que contribúan a mellorar as condicións de traballo do grupo ILS e guía-intérpretes, garantindo a súa seguridade e saúde.