Semana da Prevención. Éxito de participación na II Ruta Bicicleta de Pontevedra
"O obxectivo é a túa saúde"
O pasado 21 de abril, no marco da Semana da Prevención Fraternidad-Muprespa, celebrouse en Pontevedra a II Ruta Bicicleta pola Prevención.
Nun ambiente de festa, os participantes foron convocados ás 12:00 horas. na céntrica Praza de España desa capital. Como anécdota, o percorrido non puido comezar na hora prevista pola avaría que se produciu nunha das bicicletas participantes. Unha vez resolto, o percorrido comezou cuns quince minutos de atraso da hora prevista.
O trazado da ruta desenvolveuse fundamentalmente por un tramo urbano e pasou por lugares emblemáticos da cidade, como a parroquia de Tomeza, considerada a entrada do Camiño de Santiago, do trazado coñecido como Camiño Portugués. Tras chegar a ese punto, percorreu a zona monumental de Pontevedra, atravesando o paseo dos Gafos ata a saída da cidade nas marismas de Alba e dende ese punto volveu ao punto de partida.
Fraternidad-Muprespa dende Pontevedra, agradece a todos os asistentes, asesores, Mutuas, familiares e amigos a súa participación nesta iniciativa.


