A empresa Spark Ibérica, creadora da app Preveo, recibe o Bono 2016
Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, fixo entrega este mércores 17 de outubro do Bono correspondente á campaña 2016, á empresa Spark Ibérica S.A., experta en telecomunicacións e alta tensión. Recoñécese así a xestión realizada pola empresa para reducir a súa sinistralidade laboral, grazas á implantación de medidas de prevención eficaces.
No acto estiveron presentes, en representación de Mutua, o Director da Delegación de Hospitalet de Llobregat,Daniel Cárdenas, quen presentou o diploma acreditativo a Javier Ortega, responsable de Prevención de Riscos Laborais, e dous membros do departamento de RRHH,Guillermo Barcelo e Isabel Ballesta.
Spark Ibérica foi galardoada o pasado 28 de abril na VI edición dos Premios Escolástico Zaldívar, pola creación e desenvolvemento da app Preveo, unha ferramenta de comunicación instantánea de seguridade pensada para facilitar aos traballadores a comunicación de situacións de inseguridade mediante o seu smartphone.